A EFF Rosalía renova a sua dianteira Silvia Chao

A EFF Rosalía renovou por dúas tempadas máis á xogadora Silvia Chao para que esta dúas próximas campañas de novo forme parte da Escuela de Fútbol Femenino senior.

A ourensá chegou á EFF Rosalía esta pasada campaña despois de tres anos fora do deporte do balompé, onde se formou nas categorías inferiores do Cidade das Burgas FS. A súa adaptación estaba sendo bastante boa ata que o confinamento diu ao traste coa súa progresión.

Silvia debutou en partido oficial na segunda xornada de Liga (15-09-19, O Cruceiro) entrado ao campo no minuto 45 sustituindo a Alba Rodríguez. Das 22 xornadas disputadas a tempada pasada, a dianteira participou nun total de 15 partidos, deixando a sua casilla de goles sen estrear.

En declaracións a nosa web nada máis confirmar sua renovación, a ourensá recalcou que “renovar co Rosalía é unha honra, polo que estou moi contenta”.

“A pasada tempada gustoume bastante, a nivel individual sinto que mellorei e adapteime bastante ven ao fútbol, co equipo penso que nos entendimos ben e que houbo moi boa relación”, analizou a dianteira sobre a sua primeira experiencia no fútbol.

Silvia xogaba por primeira vez ao fútbol o ano pasado.

No futuro Silvia ten unha ocasión máis para seguirse adaptando ao fútbol e explotar unha das suas mellares cualidades, a súa velocidade, según as suas propias palabras: “Afronto a nova tempada con moitas gañas de forzas para dar o meu 100% no campo tanto en partidos como en adestramentos”.

Todo isto despois de vivido estes meses pasados: “O tema do confinamento o levei ben, falando cos amigos, xogando á play e pouco máis podía facerse, ademáis de estudiar”.

Para o presidente Mario Gómez “a renovación de Silvia supón unha oportunidade para ela para acabarse de formar como futbolista. Ten cualidades e unha velocidade tremenda, pero debe de saber explotala e beneficiarse dela. Estamos seguros de que esta tempada tanto Miguel como Jonny serán capaces de sacarlle o mellor e podremos ter nun futuro unha xogadora que nos aporte moito en ataque e desborde”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content