Lucía e Marta Vázquez desvincúlanse da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía

Despois de duas tempadas no club, as xemelgas Vázquez deixan a EFF Rosalía.

As xogadoras da Escola de Fútbol Feminino Rosalía Lucía Vázquez e Marta Vázquez finalizaron a súa vinculación co club azul. Lucía chegou en 2018 e a súa irmá Marta uns meses despois, ao non incorporarse á pretemporada e si unha vez comezada a competición.

Lucía na primeira tempada foi unha xogadora que recurrentemente usou Alonso Méndez na medular do equipo, xogando 24 partidos en total e anotando un tanto. Marta por contra tan só disputou dous partidos na primeira tempada.

Lucía ocupou postos no centro do campo e mediapunta.

Na segunda tempada das dúas irmáns, con Iván Canal ao mando, o protagonismo das xemelgas foi efímero. Ambas debutaron na xornada 6ª, saindo dende o banco no minuto 46′ sustituido a Noa e Patricia, na victoria fronte a SCD Pontecaldelas (13/10/19, A Lama).

Marta xogou máis por banda.

Na sua última tempada na EFF Rosalía, as centrocampistas participaron nun total de cinco partidos ata a suspensión da competición coa xornada que se disputou o 15 de marzo.

As circunstancias non lle permitiron despedirse como a elas gustáselles, no céspede e diante de toda a súa xente, pero a suspensión de todas as competicións polo Covib-19 deron ao traste con esa merecida despedida.

Desde a EFF Rosalía queremos agradecerlle a Marta e Lucía a súa traxectoria coa nosa camiseta e o seu traballo e profesionalidade en todo este tempo así como desexarlle a mellor das sortes no seu futuro deportivo. Recordando sempre que son e serán historia viva do noso club, pola súa achega ao fútbol feminino e ourensano ao conformar parte do primeiro plantel da EFF Rosalía senior na súa historia durante dous anos.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content