A defensa bandesa firma ata xuño de 2021.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía pechou a renovación de María Feijóo, xogadora que defenderá as cores e o escudo do conxunto ourensán por unha tempada máis, ata o próximo 30 de xuño de 2021.
A defensa, de 23 anos (1997, Bande), chegou a tempada pasada procedente do Orzán SD, club no que levaba unha tempada como xogadora.
Feijóo comezou a adestrar co senior do club azul en febreiro do 2019, pero ata a finalización da tempada 2018/19 non foi ata cando fichou como xogadora da EFF Rosalía senior, pero non se quedaría ahí sua aportación ao club, tamén colleu as rendas do Promesas “B”, cargo no que repetirá esta tempada tamén, sendo seu debut como adestradora.
María Feijóo, a pesar de participar tan só en 13 partidos por culpa dun par de lesións que a mantiveron apartada máis tempo do que ela desexaría do equipo, demostrou dende o primeiro día ser unha peza importante na parcela defensiva do Rosalía. Ademáis marcou tres dianas, como curiosidade todas contra o San Mateo e todas de vital importancia para sumar sendas victorias. Duas no partido de ida en San Mateo con sendos disparos dende fora da área e un no partido xogado no Monte da Aira, o definitivo a escasos minutos do final.
A bandesa, no acto de renovación na sede social da EFF Rosalía, declarou para a nosa web sua ledicia: “Alégrame a renovacion, é a miña primeira tempada defendendo as cores do Rosalía e non podo estar máis contenta. Dende o primer momento da miña chegada me sentín importante e sempre me arroparon apesares de ser un ano dificil para min. Os valores que ten o club, a disposición para as xogadoras e como nos cuidan a todas, fixeron que sentise como se foramos unha familia”.
Con respecto a nova tempada mostrase ambiciosa: “Quen me coñece sabe que son unha persoa ambiciosa sabendo ata donde están os limites. Vendo o equipo que temos xunto co novo corpo técnico, para min o ascenso é unha posibilidade. Está claro que non vai ser doado posto que considero que temos o grupo mais difícil incluso mais que o ano pasado, pero todo é cuestion de creer e traballar duro”.
“A tempada pasada foi un ano bastante raro e duro para min marcado por as lesions. A día de hoxe sigo arrastrando unha lesión que fará que non empece a pretempada o mesmo nivel cas miñas compañeiras pero non todo é negativo. En cada partido que saín o campo intentei dalo todo ata o último segundo do encontro e estou segura de que a nova tempada Miguel conseguirá que explote futbolisticamente, gústame que o entrenador nos esixa e seguro que con él ese terreo está cuberto”, puntualizou a defensa.
“A nivel colectivo creo que conseguimos o aprobado sobradamente. Houbo moitas circunstancias que fixeron que as xogadoras non desen o mellor de cada unha aunque o intentaran. A tempada pasada xa é historia, agora estamos centradas no que ven que sen dúbida, vai ser pra recordar. Teño confianza nelas e vamos loitar para levar o bo nome do único equipo feminino ourensán por Galicia deixando a un bo nivel“.
O presidente mostrouse orgulloso pola renovación de Feijóo: “A primeira tempada de existencia do noso club Feijóo decidiu probar sorte no Orzán. A día de hoxe está convencida que este club é tan serio ou máis que moitos de categorías superiores. A tempada pasada, para min foi unha grata sorpresa comprobar a súa rápida adaptación ao club. Dende o primeiro día a súa implicación foi moi alta e a responsabilidade de verse ao mando das máis peques no Promesas “B” penso que lle axudou a sentirse unha referencia. Nun futuro Feijóo ten moito que ofrecer ao club tanto na banda esquerda como nos banquiños da nosa base, onde foi unha pena o precipitado final de tempada xa que se estaba adaptando perfectamente”.