O conxunto pontíno imponse por 1-0 ao equipo coruñés nun novo test de preparación marcado pola calor e a esixencia competitiva.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía continúa avanzando na súa posta a punto para a nova tempada coa primeira vitoria en pretemporada. O conxunto dirixido por Alberto Tamayo superou por 1-0 ao Victoria FC ‘B’ no campo municipal de Oira, nun encontro de preparación entre dous equipos que compartirán categoría este curso tras finalizar primeiro e segundo clasificados respectivamente na pasada Liga.
O partido estivo condicionado polas altas temperaturas, que reduciron o ritmo nalgúns momentos, pero permitiu a ambos os equipos disputar un encontro intenso e de gran utilidade para seguir axustando detalles antes do inicio da competición. O equipo pontino saíu con personalidade e protagonizou unha primeira metade de dominio local, mostrando intensidade na presión e capacidade para xerar perigo en campo rival. O tanto chegou no minuto 9′. Unha rápida transición iniciada por Sampayo permitiu atopar a Antía ás costas da defensa polo costado dereito. A atacante gañou metros, superou o seu rival e a súa acción terminou cun balón dentro da área que Noui aproveitou para marcar o 1-0. A Rosalía continuou buscando ampliar a vantaxe. Sampayo probou fortuna desde fóra da área ao cuarto de hora, mentres que Aldarita estivo preto de atopar rematadora tras unha boa acción ofensiva. Tres minutos despois da media hora’, Noa protagonizou unha gran xogada individual por banda esquerda que terminou cun disparo detido por Antía Feás. O Victoria tamén tivo a súa oportunidade antes do descanso tras un erro na saída de balón local, pero Karla respondeu con seguridade para manter a vantaxe no marcador.
As coruñesas apretan tras o descanso Tras a continuación, o conxunto coruñés aumentou a intensidade e adiantou liñas, obrigando ao noso sénior a realizar un maior esforzo defensivo. No minuto 54′ chegaron dúas ocasións consecutivas para o equipo visitante. Alejandra plantouse ante Karla tras un balón ás costas da defensa, pero a gardameta local evitou o empate cunha gran intervención. Instantes despois, Maru volveu poñer a proba á porteira ourensá, que respondeu novamente con seguridade. O Victoria seguiu xerando perigo e dous minutos despois volveu rozar o gol, aínda que Karla apareceu de novo nun man a man ante Alejandra para manter a vantaxe. As pontinas tamén dispuxeron de ocasións para sentenciar o encontro. No 61′, unha boa acción de Zai por banda dereita acabou cun remate de Aida que foi detido por Antía Feás.
Finalmente, o marcador non volveu moverse e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía sumou unha vitoria dentro dunha pretemporada na que o equipo continúa acumulando minutos, sensacións e traballo colectivo.
“Estes partidos axúdannos a crecer e preparar o que vén”, Alberto Tamayo.
O adestrador pontino, Alberto Tamayo, valorou positivamente o traballo das súas xogadoras ante un rival que volverá competir na mesma categoría durante a próxima tempada. “Era unha proba importante porque nos enfrontabamos a un equipo do noso nivel competitivo, un rival que vén de facer unha gran tempada e que nos vai a esixir moito durante o ano. Este tipo de partidos sérvennos para medirnos, competir e seguir mellorando”, explicou o técnico.
Tamayo puxo en valor a importancia destes encontros dentro da preparación: “Agora mesmo o importante é que o equipo siga crecendo. Temos que ir axustando conceptos, dando minutos a todas as xogadoras e construíndo unha identidade que nos permita competir ben nunha tempada tan esixente como a que temos por diante”. “Estamos contentos coa actitude do grupo e coa predisposición das xogadoras. Aínda queda traballo por facer, pero cada partido axúdanos a estar máis preto do nivel que queremos alcanzar”, concluíu Tamayo.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía continúa coa súa preparación para unha tempada histórica tras o ascenso a Terceira Federación Feminina, co obxectivo de chegar ao comezo ligueiro nas mellores condicións.
FICHA TÉCNICA
1-EFF Rosalía: Karla, Laura, Aida, Aldarita, Millet, Aine, Candelita, Sampayo, Noui, Antía Álavrez e Noa. Tamén xogaron: Míriam, Andrea, Nair, Antía Rguez. e Zai.
0-Victoria FC ‘B’: Rocío, Jimena, Sila, Nuri, Sestayo, María, Aroa, Irene, Yara, Carla e Sara Acevedo. Tamén xogaron: Antía Feás, Naiara, Alejandra, Candela e Antia Dos Santos.
O noso equipo deixou boas sensacións na súa estrea de pretemporada ante un rival de …
Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.