A EFF Rosalía supera os 100 goles esta tempada

O noso equipo alcanzou os 101 tantos cos goles de Bonjoch e Vicky.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía continúa batendo rexistros esta tempada. Tras a vitoria ante o Porriño, o equipo de Tobaruela xa suma 101 goles nos 19 partidos disputados ata o momento.

Os 101 goles do noso equipo repártense así: 57 na primeira volta, 44 nas 9 xornadas disputadas da segundo, 46 deles foron no Municipal de Oira e 55 a domicilio. As azuis marcaron en todos os partidos menos un, na xornada 6 fronte a Lóstrego ‘B’ en Chaín.

Goleadoras
Vicky é a máxima goleadora do equipo, con 20 dianas, por diante de Zaira Fernández, que marcou 13. A seguinte na lista é Fara (10), seguida de Ester e Sabela, con 9 tantos. Chao e Feijóo suman 8 goles cada unha, e tamén viron porta Candela (5), Laura (4), Bonjoch (4), Yadira (2), Noui (2) e (2). Por último, Antía, Miriam, Aldarita e Noa achegaron untando cada unha esta tempada. Ademais, hai que sumar un gol en propia porta para chegar aos 101.

Check Also

0-2: Cruel derrota

O noso equipo non puido vencer ao Concello de Boiro no Municipal de Oira. Vídeo: …

Skip to content