O Campo de fútbol de Soutopenedo acollerá as sesións técnico-tácticas e o plazo de inscripción remata o 15 de xuño.
Tras o gran éxito das pasadas edicións, o Campus de Fútbol Feminino Rosalía volverá ás instalacións deportivas de Soutopenedo, organizado por Ociosaugal e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía, en colaboración co Concello de San Cibrao das Viñas. Trátase dunhas xornadas 100% deportivas, coa posibilidade de gozar un día de praia, que terán lugar do 24 ao 28 de xuño deste ano. Novamente, haberá un límite de prazas a 50 xogadoras.
En canto ás actividades, serán de 10:00 a 14:00h (exceptuando o día de praia, que será ata as 17:00h) con servizo de bus incluído, incluíndo camiseta, balón e diploma de agasallo. As idades comprendidas serán entre os 4 e 15 anos con dúas modalidades de prezo, 95€ as xogadoras pertencentes ao noso club e 110€ as externas.
Os encargados dá formación dás meniñas será por parte de adestradores titulados e haberá sesións específicas, tanto para porteiras como xogadoras. A inscrición inclúe seguro médico e froita para a merenda de media mañá.
Hai que lembrar que a inscrición se pode realizar a través da seguinte ligazón.