A formación de novos valores seguirá sendo primordial na EFF Rosalía

Máis tarde do esperado pero comezaron os adestramentos para as futbolistas de futuro do club.

O pasado martes e, do mesmo xeito que as súas compañeiras do equipo infantil, o futuro da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía volvía aos adestramentos logo de oito meses e con varias novidades ao seu regreso.

A situación sanitaria pospuxo o comezo dos adestramentos e provocou que o club esta campaña non conte con dous equipos, como as duas anteriores. Aínda así o proxecto non desmerecerá ao confiar na progresión de todas as compoñentes da base da EFF Rosalía para chegar ao primeiro equipo.

Sete xogadoras da tempada pasada conforman parte do persoal do infantil, Xiana Carballo, Andrea, Antia, Xiana Cortés, Candea Currás, Lucía Novoa e Noa Sanz reforzan o equipo dirixido por Alba Rodríguez. Continuan Ainhoa, Sofía, Zaira, Candela Losada, Nicole, Sabela Fernández, Andrea Rodríguez, Sara, Celia, Sara Domínguez, Elena, Cayetana, Lea, María e a máis xoven do club, Ariadna.

As xogadoras coñeceron a Miguel Saa no primeiro adestramento.

Outra novidade é o cambio de parte do staff técnico, Juanma, adestrador do Promesas “A” deixa paso a Miguel Saa, por motivos laborais, que compaxinará equipo senior e base xunto a María Feijóo, que o ano pasado facíase cargo do Promesas “B”.

María Feijóo en declaracións a web destacaba que esta vai a ser unha campaña atípica pero o traballo continua: “É unha tempada distinta pero continuamos co traballo realizado o ano pasado. Temos o mesmo grupo de nenas asi que non estamos a comezar dende cero, ademáis de que estos meses nótase que estiveron traballando pola súa conta”.

O staff técnico mostrase moi ledo de ver no estado mental que chegaron as xogadoras “Nas poucas sesións de adestramentos demostraron que teñen moitas ganas de aprender, que se divirten con cada exercicio e que seguen tendo o instinto de competividade pese a non haber liga”.

As mais pequenas seguen coas gañas intactas de aprender.

Desde o club insístese en que o futuro é formar a novas xogadoras para unha vez completado o seu crecemento físico e futbolístico, formen parte do primeiro equipo.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content