Unha representación do club desprazouse con representantes de Adercou para repartir os agasallos aos tres colexios gañadores da actividade.
O pasado mércores, o presidente Mario Gómez e o directivo Jose Antonio Vázquez acompañaron á xogadora María Feijóo e á representante de Adercou Beatriz Martínez na visita aos tres colexios gañadores do concurso sobre o proxecto contra a violencia de xénero “No patio de meu cole metémoslle un gol á violencia de xénero”. Actividade na que a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, mediante o seu departamento de comunicación, colaborou realizando un pequeno documental que foi proxectado nas escolas rurais que se apuntaron a dita actividade, pero tamén en máis escolas da cidade e provincia.
A xogadora da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e unha das protagonistas do documental, María Feijóo, acompañada dos alcaldes de cada un dos concellos onde se atopaban as escolas, foi a encargada de entregar dous balóns e unha bufanda do club como obsequio a cada un.

Acompañados polo alcalde de Nogueira de Ramuín, José César Parente, somos recibidos pola dirección do CEIP plurilingüe de Luíntra, no cal esperábanos unha representación dos alumnos que participaron na elaboración do mural gañador.
A continuación xunto con Manuel Seoane, alcalde de A Peroxa, visitamos os CEIP Roberto Blanco Torres, onde os máis pequenos coñeceron e recibiron das mans de Feijóo os correspondentes agasallos.

O CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro foi a última parada dunha xornada moi gratificante para os representantes do club. Neste caso, co alcalde José Luis López Vázquez de cicerone, fomos recibidos pola directora, profesor de ximnasia e a correspondente representación de alumnos demostráronnos que a mensaxe que intentamos enviar chegara aos alumnos.

A continuación compartimos con vós o documental completo, que podedes ver no canal de Youtube de Adercou, protagonizado por Aldara González, Susana Coello, Yadira Alonso, Rosa Pía e María Feijóo.




