16 xogadoras estiveron presentes no primeiro adestramento da tempada 2020/21 no seu estreo no Monte da Aira.
Oito meses despois a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía Infantil volvía ao Monte da Aira de Velle para empezar a que se presupón unha tempada 2020/21 anormal. Non existen datas de comezo da competición e a planificación do corpo técnico formado por Alba Rodríguez e Vane Abadín terá que ser diferente: “Esta tempada témola que afrontar doutra forma, xa que ao non haber competición non temos un obxectivo semanal concreto para preparar os partidos, pero é unha boa ocasión para mellorar a táctica individual”, sinalou a adestradora.
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/12/Comeza-Infantil_01.jpg?resize=618%2C412&ssl=1)
Rematou así a primeira semana de adestramentos coa sensación de que as xogadoras do infantil xa tiñan moitas gañas de voltar a desfrutar do seu deporte preferido, o fútbol.
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/12/Comeza-Infantil_03.jpg?resize=618%2C214&ssl=1)
En declaracións a nosa web, Alba sinalou que “ter un gran número de xogadoras é unha gran noticia para o club e para o fútbol feminino xa que significa que está crecendo”. Algo que non vai ser un problema malia non haber competición a curto prazo “teremos tamén competición interna dentro do equipo, para non perder esa motivación ao competir e medirnos coas demais”.
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/12/Comeza-Infantil_04.jpg?resize=618%2C412&ssl=1)
Para rematar, o corpo técnico sabe que vai ser unha tempada atípica polo que “Os adestradores e adestradoras debemos adaptarnos ao número de xogadoras, así como aos distintos ritmos de aprendizaxe e de habilidades, e intentar conseguir o maior progreso posible en todas elas. Si que é certo que canto maior sexa o número de xogadoras, menor será a individualización e polo tanto menos persoal o feedback”.
O luns ás 18:00 horas voltarán aos adestramentos no Monte da Aira de Velle.
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/12/cartel-OQ-2020.jpg?resize=590%2C886&ssl=1)
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/09/SIMPATIZANTES2020-Sofia.jpg?resize=618%2C618&ssl=1)
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/08/FaldonMascaras-1.jpg?resize=618%2C412&ssl=1)
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/09/NON.png?resize=618%2C239&ssl=1)
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/08/Fald%C3%B3n-ONG-3-1030x312.jpg?resize=618%2C187&ssl=1)
![](https://i0.wp.com/www.effrosalia.es/wp-content/uploads/2020/07/Fald%C3%B3n-2-1030x312.jpg?resize=618%2C187&ssl=1)