A nosa Escola colaborará con Pequenos Superheroes o 8M

O sábado 8 de marzo, a EFF Rosalía únese á concellería de Igualdade, Deputación e Mulleres Ourense por unha causa solidaria.

No día de onte tivo lugar na sede da EFF Rosalía a presentación da 1ª Edición do Partido Benéfico do día da Muller (10:00h, 8 de marzo, Miguel Ángel do Pavillón dos Remedios). No acto desenvolvido na sede do clube estuvieron presentes a concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Eugenia Díaz, a diputada provincial de Reto Demográfico, Igualdade Bienestar e Emprego, Luz Doporto, a concelleira do PSOE Natalia Rodríguez, Rafa e seus pais.

A EFF Rosalía estará representada polo equipo infantil, dirixido por Alba Rodríguez, que se enfrontará ao equipo “Mulleres de Ourense”, combinado formado por unha selección de mulleres representativas da cidade e provincia de Ourense, entre as que se topan políticas, periodistas e mulleres de diferentes ámbitos da sociedade. O partido terá un fin solidario, todo o recaudado na venta de entradas e na fila cero será destinado a Asociación Pequenos Super Heroes á cal pertence Rafa, o neno pontino que é o único caso en Galicia de miopatía miotubular, unha enfermidade cruel que o ten postrado nunha silla.

Raquel Noguerol, nai de Rafa valorou con estas verbas a iniciativa: “Estamos tremendamente agradecidas e ilusionadas de que o equipo feminino da nosa cidade a EFF Rosalía pensase en nós para a organización desde partido benéfico co obxectivo de recadar fondos para a asociación Pequenos Superheroes á que pertencemos. Sabemos que a EFF Rosalía non é a primeira vez que organiza actos solidarios como éste e é algo que lles honra e fainos sentir orgullosas deste gran clube.
Queremos tamén dar as grazas ao Concello de Ourense e a Deputación por colaborar e dende eiquí animamos a toda a cidade a que participe neste gran evento deportivo e que entre todas fagamos do día internacional da muller unha gran festa a favor do deporte feminino e a visibilización de enfermidades raras como a Miopatía Miotubular que é a que padece o noso fillo Rafa. Moitas grazas de corazón”

Pola banda da EFF Rosalía o presidente Mario Gómez resaltou que “Un dos princios nos que fundamentamos o noso clube é a solidaridade. O fútbol de por si é un arma de educación social moi importante e sempre que algunha asociación como neste caso Pequenos Superheroes precise de nós eiquí nos vai a ter. Queremos agradecer ao Concello de Ourense e en especial a Eugenia concelleira de igualdade e servicios sociais e a Luz Doporto da Deputación de Ourense a súa colaboración neste día tan especial para Rafa, para a nosa Escola e para as mulleres en xeral”

Fila cero: ES26 0081 0075 9500 0153 0560

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content