Victoria CF-EFF Rosalía: Visita ao líder invicto na casa

As de Alba visitan ao líder despois de vinte días de parón (12:15 h, Elviña Pequeño).

Novo compromiso ligueiro para a EFF Rosalía infantil, que se enfronta ao Victoria CF “D” no Elviña Pequeño (12:15 h, sábado), no encontro correspondente á 12ª xornada. As azuis visitan ao líder da competición coa mente posta en sumar o cuarto encontro consecutivo sen perder. Para iso, será esencial continuar co bo acerto goleador do últimos tres partidos (13 goles). Ademais, Daniela, que marcou tres tantos nesta xeira, xa suma seis no campionato.

O filial está a mostrarse forte a domicilio tras impoñerse a Valladares, Mos, Umia e Interrías e perder en Abegondo pola mínima ante o Orzán. De feito, o Infantil está nunha dinámica ascendente sendo o segundo mellor equipo da liga nas últimas tres xornadas (9 puntos de 9 posibles). Para continuar con este refacho, Alba convocou para a cita de mañá a 16 xogadoras.

Convocatoria
Porteira: Valeria.
Defensas: Silvia, Marta Montes, Laura Añón e Noa Domínguez.
Centrocampistas: Cuquejo, Daniela, Ester, Cloe, Lidia, Candela Bouzas e Sheila.
Dianteiras: Claudia Pérez, Sara, Claudia Castro e Nerea.

A clave será sair concentradas, “Partido moi moi complicado, ademais en campo rival, que sempre nos custa máis saír enchufadas”, analizou Alba. “No partido de ida fomos capaces de competirlles a pesar de que elas teñen un moi bo conxunto, cun medio moi forte. Na volta queremos quedarnos coa mesma sensación de competir e pelexar polos tres puntos, e sairemos a por eles desde o principio”, ressaltou finalmente a técnica.

O rival
O Victoria CF de A Coruña é o líder indiscutible da Liga, sumando todos os encontros por victoria (33 puntos) con 11 triunfos e cero derrotas. O encontro da primeira volta, disputado no Monte da Aira, acabou en victoria (1-2) para as coruñesas, despois de adiantarse por 0-2 e recortar distancias Ester, cando máis estaban apretando as azuis, Alba decide pedirlle ao árbitro pitar o final antes de tempo despois dun golpe recibido por Marta Montes e así atender mellor a xoven xogadora.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content