Liga Promesas: Volta a competición para os equipos de canteira

Os dous equipos da Liga Promesas feminina xogan a domicilio despois do parón polo entroido.

Os equipos de canteria afrontan este sábado (11.00 horas) a 16ª xornada da Liga Promesas a domicilio. A EFF Rosalía viaxa ata Cambados para enfrontarse as branquinegras do Juventud de Cambados, mentres que a EFF Rosalía “B” visita o Cruceiro para medirse ao SP.C. San Mateo.

As de Juanma Bello seguen co seu particular man a man ca UD Mos a falta dos dous partidos a disputar contra elas xa que tras dous aprazamentos por respectivos temporais, todavía non hai noticias federativas de cal pode ser a data na que se dispute ese partido pendiente. A falta do adestramento de hoxe non parece que o equipo vaia ter baixas salvo procesos gripales de última hora.

O promesas “B” pola súa parte desprázase ao sempre coqueto campo do Cruceiro de San Mateo. Unha nova experiencia para as nosas peques, neste caso o seu primeiro partido en herba natural, un handicap que pon a proba a melloría demostrada polas nosas promesas nas últimas datas. Noa Sanz seguramente xa esté a disposición de María Feijoó e Cae para este encontro unha vez recuperada da súa lesión.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content