Rosalía-Valladares: Partidazo en Oira

O conxunto de Quique e Castro, invicto esta tempada, busca o tres puntos antes do parón do ponte da constitución.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil recibe ao Valladares no Municipal de Oira no duelo correspondente á oitava xornada de Liga (11:00 h; Domingo). O duelo a será o último encontro antes do parón polo ponte da constitución e do ano 2022. As pontinas, que comezaron a xornada segundas ao ter peor gol-average que Mos, esperan sumar un nuevo triunfo para seguir na parte alta da clasificación.

É o segundo encontro consecutivo en Oira para as de Quique e Castro, que chegan nunha boa dinámica tras golear o pasado domingo ao San Mateo. O noso equipo ten un balance nesta Liga de cinco vitorias e un empate con 24 goles a favor e un en contra, converténdose no equipo que menos goles recibe do campionato. As 16 citadas para o encontro de mañá son:

CONVOCATORIA EFF ROSALIA
Porteira: Karla.
Defensas: Aline, Candela, Virginia, Ainara, Alba e Victoria.
Centrocampistas: Miriam, Sabela, Andrea, Lucía, Lea e Ainhoa.
Dianteiras: África, Sara e Sofía.

Valladares visita o Municipal de Oira na terceira posición con catro vitorias en seis partidos disputados. A súa máxima goleadora é Paula Armada con catro tantos, seguida de Leticia con tres.

Zeus Gómez, do comité técnico de árbitros de Ourense, será o encargado de dirixir o partido no Municipal de Oira.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content