A polos tres puntos en Oira

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía recibe ao Touro na sétima xornada de Liga (16.00 h; Municipal de Oira).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta esta tarde o segundo dos tres partidos de Liga que disputará en apenas sete días. Tras derrotar ao filial de Viajes InterRías o pasado domingo en Vilalonga, o noso equipo recibe esta vez en casa ao Touro, que arrincou esta sétima xornada como sétimo da competición (16.00 h).

Será un duelo na loita polo máis alto da clasificación e o obxectivo das de Tamayo, que viron porta nos sete partidos disputados esta tempada, é sumar os tres puntos e volver escalar postos na táboa. Non será fácil, xa que enfronte estará un equipo que soamente a perdido un encontro a domicilio.

O técnico ourensán convocou a estas xogadoras para medirse ao Touro, que gañou tres partidos oficiais que disputou esta tempada sobre os cinco posibles. Na lista de 16 destaca o debut de Sara Domínguez, xogadora do equipo cadete e a volta de Noui, despois de non estar o domingo en O Revel.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Miriam, Matilde, Sabela, Feijóo, Sampayo e Fifi.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Candela e Aroa.
Dianteiras: Clau, Sara, Vicky, Zaira e Noui.

Touro
O conxunto coruñés iniciou a liga vencendo a domicilio fronte ao Porriño Industrial e desde entón sumou dúas vitorias máis fronte a Cacheiras e Pontellas nos últimos dous partidos. Ademais, logrou un valiosos empate ante Mos ‘B’. Irene León e Zaira Fernández, con cinco tantos e 4 cada unha, asinaron 9 dos 13 goles do equipo.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content