Quinta vitoria na Liga

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía vence á U. D. Touro no Municipal de Oira cos goles de Feijóo e Bonjoch.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía derrotou á U. D. Touro e sumou a súa quinta vitoria nas 7 xornadas de Liga disputadas. Os goles de Feijóo e Bonjoch, na segunda parte, selaron o terceiro triunfo consecutivo do equipo no que vai de Liga. Puideron ser máis tantos, pero Mencía evitounos, sobre todo nunha segunda metade na que estivo moi inspirada. A nota positiva, o regreso de Noui e o debut de Sara no primeiro equipo.

A primeira parte foi un goteo constante de ocasións de ambos os equipos, sen un dono claro do partido. A primeira oportunidade foi das nosas. Sampayo proba sorte e Mencía responde cunha boa parada. No minuto 17, Candela meteu un pase perfecto a Noui e a dianteira dispara, pero de novo apareceu Mencía para desbaratar a xogada. Dous minutos despois, Irene recibe un pase en profundidade e o seu tiro desde dentro da área o bloca Noa. Emma tamén o tentou co mesmo resultado que a súa compañeira.

Superada a media hora, chegou unha boa demostración de reflexos de Mencía. Bonjoch combinou con Vicky e esta con Zaira, pero o remate da barbadesa desvíao Mencía ao poste e o rebote vólvelle a ela que o bloca na liña de gol e no 35′, tívoa outra vez Zaira nun disparo a media volta, pero o balón saíu pegado ao poste.

Sara debutou co senior no minuto 63.

Non cambiou o guion tras o paso polos vestiarios, pero esta vez o noso equipo acertou antes coa portería rival. Centrou Noui desde a esquerda e Bonjoch déixalle o balón para Feijóo para que, cun certeiro zurdazo, leve o balón á rede no 46’. Mesmo puido chegar o segundo no 49’. Xogada individual de Candela que desbarata a gardameta visitante. Si chegou no minuto 54′ por medio de Bonjoch. Ofensiva desde o sector dereito, Noui dispara e balón rebota nunha das centrais rivais, rematando de segundas a dianteira, Mencía rexeita e o balón cae morto aos pés da centrocampista que o empuxa a porta baleira (2-0). De aí ata o final, máis chegadas das pontinas coas combinacións entre Clau, Vicky e Noui, pero o 2-0 mantívose inamovible.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content