A sección infantil comezou os seus adestramentos

Dezanove futbolistas integran o plantel do equipo infantil que comezou os adestramentos de pretemporada. O grupo estará dirixido por Alba Rodríguez que xa adestrou na pasada temporada a algunhas das xogadoras no equipo Promesas A co que acadou o título de subcampión galego. Alba contará con Alex Fernández como axudante nas labores de preparación dun grupo que, segundo a súa adestradora “están moi ilusionadas ante o reto que temos por diante. Conto coa maioría das nenas do pasado ano xunto as fichaxes que darán un plus de calidade o equipo”.

As infantiles de Alba Rodríguez un plantel moi novo que dará moitas alegrías ao clube

No clube ainda non hai datos do xeito no que se disputará a competición de Liga e cantos serán os clubes que conformarán o grupo. Alba resta importancia a esa circunstancia e confía no traballo da Federación “creando ligas intermedias axudando a que o fútbol feminino continúe a dar pasos de xigante. Estas competicións contribúen a fomentar a base e o crecemento das nenas tanto a nivel persoal como futbolístico.” Deportivamente a adestradora non quere “marcar ningún obxectivo de antemán posto que traballamos no crecemento do equipo tanto a nivel individual como colectivo. Hai que ter en conta que moitas das nenas competirán xunto a rapazas que contan cun ou dous anos máis pero entendo que no será un hándicap engadido para elas. Mais ben terán un plus de motivación para seguir adestrando e mellorando para poder cubrir etapas no traballo futbolístico que as leve a xogar no primeiro equipo”.

O plantel do Rosalía Infantil xa desenvolve as primeiras sesións de adestramento que servirán de toma de contacto entre todas elas. As sesións iniciais contan con moito traballo con balón que será diferente co que traballaron o pasado ano.  En categoría infantil as futbolistas contarán con porterías e o balón co que se disputan os partidos de fútbol once.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content