Principian os adestramentos na categoría promesas, as máis pequenas do Rosalía en marcha

Todos os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía traballan na súa preparación para afrontar os respectivos campionatos de Liga. Os últimos en incoporarse aos adestramentos son os equipos da categoría Promesas. Juanma Bello dirixe ao Promesas A mentres que un tándem de xogadoras do primeiro equipo María Feijoó e a súa compañeira Cae Vizcaya levarán o equipo Promesas B.

Co comezo das promesas, cun intenso calor, xa temos todo o noso clube en funcionamento

Juanma Bello, que tamén traballa no equipo senior, asegura que no “Promesas A mantemos un proxecto continuista coas nenas que xa estaban na pasada temporada asi como coas novas que chegan o grupo. Tentaremos mellorar día a día para tratar de igualar os resultados do pasado ano. Queda por diante moito traballo para competir como se merece o escudo do Rosalía. Todas as xogadoras chegan con ilusións renovadas incluso tamén as mais novas. Así resultará mais doado o camiño de adaptación das xogadoras o fútbol 8. No Promesas A gustaríanos repetir o éxito do pasado ano cando co traballo de Alba conseguiron o subcampionato galego”.

María Feijoó e Cae Vizcaya asumen, por primeira vez este proxecto, elas faranse cargo dun moi novo en idade Promesas B. María Feijoo comentounos: “Poder adestrar a nenas que se inician no fútbol é ilusionante; non todas as rapazas teñen a oportunidade de comezar nunha Escola onde se lles aprende ao mesmo tempo que disfrutan de xogar a fútbol. Si xuntamos esto con victorias pois benvido sexa pero o importante e que elas disfruten da aventura. Non esquecemos que o listón está alto polo traballo desenvolvido por Juanma a pasada campaña cando acadaron o terceiro posto. Esta temporada moitas das nenas son novas polo que hai que comezar un novo proxecto. Non será doado repetir o nivel do pasado ano pero non renunciamos a nada tendo en conta a ilusión coa que empezan estas nenas”.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content