No Campo da Cultural de Areas, en Ponteareas, disputamos o último partido de adestramento antes do comezo de Liga.
Enfrontamonos o Valladares B, un plantel moito mais experimentado que o noso e diante o que xogamos a un nivel alto. Melloramos moitos aspectos tácticos gracias o traballo desenvolvido polos nosos adestradores Ivan Canal e Juanma Bello que se traducen nunha mellor presenza sobre o terreo de xogo. A presión ofensiva pasa a ser unha das nosas mellores armas para facer fronte aos rivais. Todo nun partido no que as viguesas adiantaronse logo dunha acción a balón parado pero a que Zaira respostou cun gran remate desde a frontal da área para establecer o empate.
Un partido que permitirá correxir erros perante o inminente inicio da competición ante o Pereiró vigués na próxima fin de semana. O balance do choque diante o Valladares ten que ser necesariamente positivo posto que as viguesas son un bloque mais experimentado e de superior categoría e diante o que Rosalía amosou un moi bo nivel defensivo. Notable participación de Rocío na portería así como o do resto do equipo que se desprazaou a Ponteareas condicionado tamén polas ausencias. Non puideron viaxar por diferentes motivos Cae, Alba, Noa Fernández, Feijoo, Aldara Sequeiros, Isabel e Judith, que se lesionou nun adestramento.
Para noso adestrador, Iván Canal, o encontro valeu para probar a varias xogadoras en diferentes postos e ao final do partido valorou positivamente “o empate final fronte un rival de categoría superior” ademáis de “estar moi contento co esforzó de todas as xogadoras”