A tempada 23/24 cambia de formato con dous grupos de 16 equipos

Debido á aparición da nova categoría en categoría senior, a fase regular dividirase en dous grupos de 16 equipos cada un.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía pode comezar a esbozar o que será a tempada 2023/24. No referente á competición ligueira, este ano haberá algúns cambios derivados da aparición da nova distribución de grupos na presente campaña, aínda que a grandes liñas todo será moi parecido ao habitual.

Si que haberá modificación no número de grupos, ascensos e descensos, debido ao comentado anteriormente e na idade para competir en categoría senior, que agora será para maiores do 31 de decembro de 2009. Eso si, tempada regular e playoffs disputaranse no formato de sempre.

A Fase Regular disputarase entre setembro e maio, cunha xornada en mércores

A diferenza do que viña sucedendo ata o de agora, o número de grupos redúcese a dous, con 16 equipos cada un. A tempada empezará o 24 de setembro e terminará o 18 de maio de 2024, despois de 30 xornadas a dobre volta, incluíndo unha xornada entre semana o 1 de novembro, día festivo de todos os santos e unha de descanso polo parón de seleccións comarcais o 17 de decembro, sendo así a paro por navidades dende o 10 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2024.

A partir de aquí, os dous campións ascenderán directamente, mentres que segundo e terceiro de cada grupo xogarán os playoffs de ascenso. Esta eliminatoria disputarase a partido único en semifinais, mentres que os dous finalistas xogaranse a terceira praza de ascenso a dobre partido. Pola parte de abaixo, serán tres os equipos que descenderán á terceira categoría do fútbol autonómico galego feminino de cada grupo.

Haberá tres ascensos e seis descensos entre os dous grupos

Desta maneira o noso club queda encadrado no Grupo 2, onde coincidirá con vellos equipos coñecidos de temporadas anteriores.

2ª División LGF GRUPO 2:

CD Arenteiro
Cacheiras SD
Caldas CF
Calo SR
SD Chantada
EFM Concello de Boiro
UD Mos
CD Pontellas
Porriño Industrial
Praia SC
SD Puentearnelas
EFF Rosalía
SpC San Mateo
Touro SD
Viajes InterRías FF ‘B’
SD Xuventú de Aguiño

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content