Nas últimas horas, coñecéronse as datas de inicio na súa versión de tempada 2023/2024. A Real Federación Galega de Fútbol publicounas nas súas redes sociais.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía senior comezará o próximo 24 de setembro na 2.ª Liga Galega Feminina. Nesa mesma data, os equipos Cadete e Infantil empezarán as súas respectivas competicións, mentres que a recentemente creada Liga Alevín e Promesas verán iniciada a súa campaña o 1 de outubro.
En canto ao calendario, haberá que esperar á reunión de hoxe no comité feminino da Real Federación Galega de Fútbol para coñecer o final de tempada e os calendarios competicións de cada categoría.