“O equipo está con moita ilusión, con moitas ganas e ao ser un plantel tan novo permíteche ter unha marxe de mellora superior ao que poidan ter outros equipos”, comentou Tamayo tras o primeiro adestramento de setembro coas súas xogadoras nas instalacións municipais de Oira.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía senior xa está en marcha co seu persoal ao completo. O noso primeiro equipo, ao que dirixirá Alberto Tamayo completou o seu primeiro día de traballo sobre o céspede das instalacións deportivas municipais de Oira con todas as súas xogadoras dispoñibles no que será a Segunda fase da pretemporada. A pesar de que o traballo comezou o pasado 7 de agosto, as xogadoras foron incorporándose segundo chegaron das súas respectivas vacacións.
A sesión comezou cun quecemento e rondos. A continuación, o grupo practicou a posesión e a presión, e disputou un partido nun campo de reducidas dimensións. Para terminar, as futbolistas realizaron series de resistencia.
Xunto a Tamayo, o corpo técnico do senior completarase con Paula Díaz como Delegada de equipo e Adolfo Barbosa como delegado de campo no Municipal de Oira. O técnico afronta sua primeira campaña ao mando do primeiro equipo “Con moita ilusión e moitas ganas de poder, a través do traballo, que as nenas se dean conta da capacidade e potencial que teñen, dándolle un salto de calidade e competitividade ao equipo”.
A EFF Rosalía quedou encadrada no Grupo 2 da Segunda División da Liga Galega Feminina. Durante a pretemporada disputará os seguintes amigables:
26/08: Calo-Rosalía (5-1)
3/09: Valladares-Rosalía (0-1)
9/09: Tomiño-Rosalía