Alba Rodríguez púxose aos mandos da PlayStation para remontar os dous goles en contra en Cambados

As nosas senior remontan na sua visita ao Juventud de Cambados e voltan á senda do triunfo.

Dous partidos fora da casa e dúas remontadas, demasiado sufrimento para a bancada azul, pero moito coraxe o que demostra o plantel da EFF Rosalía, que nesta ocasión perdía no minuto 15 de partido por 2-0 e era quen de remontar ata gañar por un claro 2-4 no campo do Pombal pequeno de Cambados. 

Moito nerviosismo de comezo

Comezaron nerviosas, moi nerviosas as ourensás, que acusaban as numerosas baixas en defensa con tres pilares básicos, sobre todo pola súa experiencia de baixa por diversos motivos. Á lesión de María Feijoó sumáronse as baixas de Cae Vizcaya por motivos laborais e a de Isis San Martín por enfermidade… moi pouca experiencia quedaba na defensa do Rosalía (Judith e Aldara Sequeiros tamén lesionadas) e esto fixo que Yadira tivera que xogar no centro da defensa. 

O partido comezaba co típico intercambio de golpes inicial para tomarse a medida, cando parecía que as nosas se mostraban superiores e comezaban a asentarse no campo un grave erro de comunicación entre a nosa porteira Rocío e a reconvertira por necesidade a lateral ezquerda “Aldarilla” fixo que o balón rematara na nosa portería, poñéndonos en desventaxa no marcador. Sen tempo á reacción, nunha falta executada con forza polo Cambados a Rocío escúrreselle o balón e Nuria aproveita para aumentar a vantaxe a un desconcertante 2-0 no minuto 15 ante a sorpresa de todos os afeizoados ourensáns desprazados ata Cambados que esperaban outro comezo das nosas. 

Oito minutos máis tarde, Alba Rodríguez nun córner executado con moita pillería acortaba a distancia no marcador. 

A Iván Canal non lle estaba gustando o que estaba vendo e no minuto 30 realiza un triple cambio para revertir a situación, Fírvida, Saray e Silvia deixaban o campo para dar entrada a Patricia, Ainara e Noui. A pesar dos cambios e o cambio de sistema dun 4-4-2 a un 4-5-1, o equipo non parecía asentarse, pasaban os minutos e remataba a primeira parte cunha oportunidade de Noui que detiña Jennyfer.

O tempo de lecer si a alguén beneficiou foi as azuis que sairon enchufadísimas no segundo tempo, con Alba “Playstation” Rodríguez aos mandos da súa particular “consola” e aos escasos 5 minutos da reanudación un pase entre liñas deixaba a Noui soa para bater de tiro cruzado á porteira visitante e por o empate no marcador. A partir de ahí o monólogo das de Canal no Pombal peuqeno.

Alba, Patricia e Ainara adueñáronse do medio do campo e a remontada parecía máis preto. Estivo a piques Noui de repetir no marcador, Zaira ou a mesma Alba e incluso Ainara no rexeite dun córner, pero saiu a alaricana Isabel Rejo (entrou no campo por Sabela) e de forte tiro cruzado batiu a escuadra local e volteou o resultado facendo xustiza. 

Sen tempo de reacción para o Juventud 

Catro minutos máis tarde, unha nova asistencia de Alba Rodríguez deixaba sola a Zaira que resolvía ante Jennyfer mandando o balón ao fondo das mallas. Non houbo tempo para moito máis, pero o pouco tempo que quedou inda fallamos un incomprensible gol nas botas de Isabel con pase da morte de Zaira. 

En definitiva un sufrido 2-4 que fai xustiza ao visto no campo cambadés e que nos sitúa con 7 puntos na xornada 4. Un partido para aprender e coller experiencia.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content