Rolda de prensa postpartido Juventud de Cambados vs EFF Rosalía

“As xogadoras que sairon de inicio podían haber posto máis da sua parte e esforzarse moito mais”, añadiu.

Iván Canal analizou en rolda de prensa do Pombal Pequeno de Cambados a victoria no partido do domingo. O adestrador das nosas senior valorou o esforzó das suas xogadoras a pesar das dificultades: “partido difícil polas baixas en defensa, xa que faltaban tres xogadoras clave e unido as inclemencias metereolóxicas fixo que empezásemos moi nerviosas”

“Tivemos dous erros de bulto nos primeiros 15 min que costaron dous goles”.

Cambio de sistema

“Tivemos que cambiar o sistema 4-4-2 a 4-5-1 e melloramos xa que os 5 minutos marcamos o primeiro. Seguimos co mesmo sistema na 2ª parte e nos primeiros 10 minutos empatamos o partido. Presionamos máis arriba e iso provocou que o equipo rival non chegase con ningunha ocasión nesta parte. Melloramos en defensa e xogamos mais tranquilas o que provocou marcar dous goles máis levando a victoria para Ourense”.

Triple cambio no minuto 30

“Os cambios non foron un castigo, foron dar un cambio ao xogo que era obrigatorio para poder cambiar a dinámica cambiando o sistema. Si que e certo que as xogadoras que sairon de inicio podían haber posto máis da sua parte e esforzarse moito mais”.

Diferencia entre primeira e segunda parte

“O equipo saiu polo partido dende o inicio pero non saia nada, cometemos dous erros moi grandes. Animeinas no descanso e seguimos ca dinámica de seguir loitando todos os balóns. Si que é certo que o cambio de sistema sumado as xogadoras que fixeron caso a todo o que lles dixen fixo cambiar a dinámica. O último cambio de Isabel metendo a Zaira por banda fixo decidir o partido”. 

Isabel soa en punta

“Este foi o primeiro partido a domicilo no que puidemos contar con Isabel, non a usamos de comezo porque non é unha xogadora que aguante físicamente máis de 30 minutos no campo. É unha xogadora que debe xogar arriba de referencia co outro equipo cansado, xa que non destaca condicionalmente senon que destaca no remate. Ademáis debe gardar forzas e non debe desgastarse defensivamente, debe agardar cerca da área para rematar que é a sua mellor baza. Metina os últimos 30 minutos e tirou dous veces a porta, un deles foi gol. Díxenlle que estivera arriba sempre, que non perderá forzas en defender e que todo o balón que collera na área que o rematase, fíxome caso e marcou”.

Pola contra, o adestrador local, Ignacio Núñez, non quixo facer declaración aos medios ao rematar o encontró

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content