Alberto Tamayo faise cargo do equipo senior

O Director Deportivo do club exercerá os dous cargos durante a tempada 2023/24.

Alberto Pereira Tamayo (Ourense, 1969) pertence á estrutura do Club desde hai 2 anos. Desde a tempada pasada exerce as funcións de Director Deportivo e a súa última función como técnico foi a de primeiro adestrador do equipo Cadete e agora trasládase ao banco do primeiro equipo azul, posto no que releva a Pere Tobaruela.

A dirección deportiva, decidiu tras reunirse coa directiva non renovar o contrato do anterior técnico a final da tempada pasada e así, o agora técnico do senior, compaxinar os dous cargos dentro da estrutura deportiva do Club.

Alberto Tamayo conta cunha dilatada experiencia nos bancos tanto provinciais como autonómicos. Empezou a súa carreira no Pavillón C.F. (2004-05). A continuación adestrou en C.D. Ourense (2005-2008), tamén na base. O adestrador ourensán marchouse posteriormente a Calasancio e Atl. Vilariño, recalando en 2012 no CD Allariz, ao que dirixiu durante tres tempadas (2012-15).

Posteriormente compaxinou Ourense CF e CD Lalín as seguintes tres campañas (2015-17). Ao ano seguinte enrolouse no proxecto do Vilatouxe CF, en Segunda Galicia, compaxinado posto na base de Ourense CF.

Tamayo continuou a súa traxectoria na SDC A Manchica (2019/20) e despois dun ano sabático, chegou á Escola de Fútbol Feminina Rosalía. O novo técnico do primeiro equipo dirixiu á SDC Paderne a pasada campaña xunto ao Cadete pontino.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content