Comunicado ofical: Equipos temporada 2023/24

A falta de configurar as xogadoras que formarán parte de cada equipo, a EFF Rosalía terá seis equipos a tempada 23/24.

A Escola de Futbol Feminina Rosalía encara a tempada 2023/24 con ilusión ao volver ser referencia no fútbol feminino galego e, un ano máis, ter ao menos un equipo en cada categoría do fútbol galego autonómico feminino.

Seis serán os equipos representantes do club pontino. Senior nunha renovada 2.ª División Autonómica Feminina, 2 equipos cadetes na liga Galega Cadete Feminina, un na Liga Galega Infantil e dous en Fútbol-8, onde a Real Federación Galega Feminina acaba de dividir en dúas categorías, Alevín e a xa existente, Promesas.

Equipos EFF Rosalía 2023/24
Senior
Cadete ‘Amarelo’
Cadete ‘Azul’
Infantil
Fútbol 8 (ainda en preparación)

Así, o noso club, continua co seu crecemento ao ter un equipo máis que na campaña anterior, seis polos cinco da temporada 22/23. Desde a directiva, en boca do seu presidente, Mario Gómez, destácase que “este crecemento fainos seguir traballando coa ilusión e forza de anos anteriores ao ver que as nenas de Ourense queren xogar ao fútbol e que o proxecto de escola segue vixente”.

Check Also

Comunicado oficial: Adiado o EFF Rosalía-Lóstrego CF ‘B’

A última hora de onte a Real Federación Galega de Fútbol infórmanos do adiamento do …

Ir o contido