As pontinas remontaron en Iñás cun gol de Laura e outro de Aldarita no desconto para conseguir o primeiro triunfo da tempada sobre o terreo de xogo.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía conseguiu ante o Atlético San Pedro unha vitoria tan traballada como emocionante. O noso sénior levantou o tanto inicial das locais e resolveu o encontro da oitava xornada da Terceira Federación Feminina cun gol de Aldarita no minuto 101. Laura, autora do empate e da asistencia definitiva, foi protagonista dunha remontada que permite ás pontinas celebrar o seu primeiro triunfo do curso sobre o céspede.
O conxunto de Alberto Tamayo, que xa puido estar sentado no banco, saíu coa intención de levar o ritmo do partido, aínda que a igualdade e a precaución marcaron os primeiros compases. Andrea e Sampi protagonizaron os achegamentos iniciais, con remates que detivo Aroa. No outro extremo, Karla respondeu cunha boa saída ao bordo da área para anticiparse á carreira de Emma tras un pase de Rocío.
A ocasión máis clara das nosas antes do descanso chegou no minuto 35′. Nunha acción rápida desde a defensa, Sampi recibiu na medular e asistiu a Andrea, que se presentou soa ante Aroa, pero rematou fóra. As locais tamén estiveron preto do gol. Ariadna recolleu un balón despexado tras un córner, buscou espazo na frontal e enviou o seu disparo ao largueiro no minuto 40′.
Laura abre o camiño da remontada O Atlético San Pedro adiantouse no minuto 53′. Karla desviou a córner un disparo de Ariadna e, no posterior saque de esquina de Rocío, Ainhoa aproveitou o balón despexado pola gardameta para establecer o 1-0. Pouco despois, Rocío volveu ameazar cun lanzamento de falta que saíu moi preto da escuadra. Noso senior atopou a resposta en Laura. No minuto 66′, avanzou pola banda dereita e, desde o pico da área, conectou un gran disparo que superou a Aroa polo pau longo. O empate deu paso a unha fase de insistencia pontina, de novo con Laura como protagonista. Primeiro obrigou a intervir á porteira e, despois, dispuxo dunha ocasión a porta baleira tras un mal despexe de Aroa fóra da área, aínda que o seu remate saíu desviado. Aida tamén probou desde lonxe, mentres que Karla mantivo a igualdade cunha intervención decisiva nun man a man con Ariadna. O encontro seguía aberto e as nosas continuaron buscando o segundo. Un centro de Laura atravesou a boca de gol sen que Andrea, Zai ou Amelia puidesen rematalo, e Aldarita esixiu a Aroa con dous disparos.
Aldarita decidiu nun desconto moi prolongado Un choque de cabezas entre Lara e Laura obrigou a deter o xogo durante varios minutos e á retirada da futbolista local. Outra asistencia no tempo engadido prolongou aínda máis o partido, pero noso equipo mantivo a ambición ata a última acción. Candelita avisou no 90+9′ cun disparo que saíu pegado á escuadra. Dous minutos despois chegou o premio. Unha combinación entre Candelita e Laura rematou cun pase desta última á chegada de Aldarita, que apareceu na área e bateu a Aroa para asinar o definitivo 1-2.
Un gol que culminou a remontada e permitiu ao noso sénior regresar de Iñás cos tres puntos, nun encontro no que soubo reaccionar á desvantaxe e insistir ata o final.
“Estes tres puntos deben darnos confianza para seguir traballando e mellorando”, Alberto Tamayo.
Ao remate do mesmo, Alberto Tamayo destacou que “Esta vitoria ten moito valor polo que nos estaba custando conseguila e pola maneira de chegar. O equipo non baixou os brazos co 1-0, seguiu buscando a portería e mantivo a confianza ata o último momento”. Ademais, añadiu en declaracións a nosa web que “Tivemos ocasións para marcar antes, pero tamén precisamos das intervencións de Karla para seguir no partido. Quédome coa resposta de todo o grupo. Estes tres puntos deben darnos confianza para seguir traballando e mellorando”.
FICHA TÉCNICA
1 – San Pedro: Aroa; Andrea Ansede (Noa Martínez, 56’), Alba, Helena, Nadia (María Mouriz, 46’), Rocío, Ainhoa, Ariadna, Silvia (Eva, 85’), Emma e María Vilariño (Ángela, 56’; Lara, 90’).
O conxunto pontino visita o RC Celta As Celtas B este domingo, 18 de outubro, …
Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.