Aldarita, Rosalía ata 2023

A centrocampista xunqueirá, que leva dende 2018 no club, seguirá defendendo a elástica azul as próximas tres campañas.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Aldara González chegaron a un acordo para a renovación da xunqueirá ata a tempada 2023. Con este novo contrato, a centrocampista azul, que fichaba polo noso club hai dous anos, seguirá defendendo a nosa camiseta o próximas tres campañas.

Na sua primeira tempada como rosalía, Aldarita debutou o 12 de outubro do 2018 no Campo da Gándara en Valladares, onde o noso conxunto se enfrentaba ao Valladares B. Na súa primeira tempada xogou un total de 19 partidos sendo infantil de primeiro ano, converténdose nunha das xogadoras máis polivalentes e importantes do plantel a nivel defensivo.

Na tempada pasada Aldarita xogou un total de 25 partidos; 20 no equipo senior e 5 no equipo infantil mostrándose sempre como peza fundamental na parcela defensiva e organizativa.

Aldarita destaca pola súas habilidades defensivas.

Tras asinar o seu novo contrato, Aldara González atendeu á web do club: “Para min esta renovación é algo importante, permiteme seguir difrutando do que máis me gusta, o fútbol, e tamen seguir compartindo momentos cas miñas compañeiras”.

Ademais, a centrocampista valorou os últimos meses co noso club: “A pasada tempada a nivel individual encontreime moi ben durante toda a competición, con gañas sempre de mellorar e aprender. A nivel colectivo penso que fomos de menos a máis e foi unha pena non poder acabar a tempada”.

Destacou a tristura de ter que rematar a competición prematuramente: “Foi complicado e as veces un pouco desesperante, cando estas acostumada a adestrar dous dias a semana e a xogar os domingos vótalo moito de menos. Tamén o contacto coas compañeiras, pero bueno o que saco en positivo é valorar máis o poder xogar o fútbol. Estou desexando volver”.

Sobre a próxima campaña dixo: “Afronto este ano con moita ilusión e con ganas de competir ainda máis que o ano pasado”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content