Zaira Fernández renova ata xuño de 2023

A dianteira quixo deixar claro seu compromiso coa EFF Rosalía cunha renovación a longo prazo.

A EFF Rosalía e Zaira Rodríguez (2003) chegaron a un acordo para a renovación da xogadora de Barbadás. A dianteira seguirá como xogadora do primeiro equipo ata xuño de 2023. Seguindo os pasos de Aldara González, a dianteira será azul durante as tres próximas campañas cunha cláusula liberatoria en cada unha delas se chegase algunha oferta interesante do estranxeiro.

Zaira Fernández, procedente da desaparecida Unión Deportiva Ourense Feminina, debutou ca Escuela de Fútbol Femenino Rosalía no primeiro partido da historia do club en categoría senior (16/09/2018, Campo de Pardellas, Ponteareas) contra o Juvenil de Ponteareas.

A dianteria é a máxima artilleira da historia do clube con 40 dianas, divididas en 22 en 25 partidos na tempada 2018/19 e 18 goles na 2019/20, truncada polo Covid-19, en con só 20 partidos disputados. Números que deixar unha vagaxe de 0,89 goles por partido, porcentaxe de boa goleadora de ahí o alcume da “Francotiradora” co que dende as redes sociais do club se lle denomina da Zaira.

Zaira tivo que esperar ao segundo partido de competición para mostrar sua capacidade goleadora, logrando o gol que daba a vitoria fronte ao CD Bueu no Monte da Aira de Velle. Na súa traxectoria firmou catro hat-tricks, dous en cada tempada que leva no club, pero non se quedan ahí seus records, na tempada rematada marcou os goles 1, 10, 20 e 30 do equipo, logrando perforar a portería rival durante seis xornadas consecutivas e marcando en todos os partidos que a EFF Rosalía gañou menos en dous, na xornada 15 (faltou por lesión) e na 22 na goleada fronte a SCD Ponte Caldelas. Como dato final, lembrar que foi a derradeira goleadora da tempada 2019/20, marcando o terceiro gol na vitoria no último partido que se disputou antes da suspensión da Liga.

Zaira laméntase dunha clara ocasión desperdiciada fronte a SCD Ponte Caldelas.

A barbadesa no acto de renovación declarou que seguir na EFF Rosalía “significa a oportunidade de seguir practicando o deporte que me gusta xunto a maioría das compañeiras do ano pasado. Cara o futuro, afronto a tempada que ven con gañas pero con todas as dudas que xenera o covid-19”.

“A tempada pasada tanto a nivel individual como colectivo foi un bo ano pero viuse detido pola pandemia e deixar de ver a certas amigas pero sobre todo deixar de facer o deporte que nos gusta foi un fastidio”, añadiu a dianteira.

Mario Gómez, presidente, mostrouse “moi contento pola renovación de Zaira e polo seu compromiso a longo prazo. Decir Zaira no Rosalía é dicir gol e o gol é a esencia do fútbol. Estamos seguros de que Zaira vai a ser a primeira xogadora en chegar aos 100 goles ca elástica azul”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content