As 18 xogadoras convocadas por Alba Rodríguez completaron no campo de fútbol Manuel do Poligono de San Cibrao das Viñas o primeiro adestramento da selección ourensana de fútbol feminino sub14.
A sesión comezou cunha charla do corpo técnico coas xogadoras, ainda que moitas xa se coñecían doutros anos pero tamén había algunha cara nova. A continuación, as xogadoras formaron en dous equipos para ver cómo se desenvolvían no terreo de xogo. Según citou a técnica ao remate: “O obxectivo principal deste primeiro adestramento era coñecer a xogadoras da provincia para poder facer aos poucos a selección das 18 definitivas. No próximo adestramento queremos convocar a outras nenas que nos quedan por ver, e despois elixir ás 18 que consideramos máis preparadas para este campionato e empezar a traballar con elas”.
Tamén era o primeiro contacto como adestradora da segunda de Alba, Janali Cañás (xogadora da UD Mos) “Dirixir a nenas, como a calquera outro equipo, encántame e é un traballo onde recibes máis do que dás. Achegarei toda a miña experiencia, motivacion e coñecemento nesta aventura”, dixo ao remate.
A selección sub14 seguirá preparándose cara a participación no campionato comarca de seleccións galegas que se disputará en Semana Santa.