Valladares-Rosalía: A polo oitavo triunfo da tempada

As azuis mídense a domicilio ao conxunto vigués na 11ª xornada da liga (12:30 h, A Gándara-Valladares).

A EFF Rosalía Infantil afronta o quinto encontro a domicilio da tempada fronte ao Valladares no estadio de A Gándara-Valladares (12:30 h, sábado). O obxectivo é sumar tres valiosos puntos en Vigo e asinar así a oitava vitoria da tempada. Doutra banda, os locais tentarán prolongar a súa serie de partidos invictos en casa en Liga (dous seguidos) e tentar distanciarse dos postos baixos da clasificación.

O filial vive un bo momento de forma tras vencer con autoridade nos dous derradeiros partidos de liga, San Mateo e Mos. Ante as moenses, Daniela marcou un dobrete na vitoria. A centrocampista forma parte da convocatoria de 14 xogadores de Alba Rodríguez para a cita de mañá.

Convocatoria
Porteira:  Valeria.
Defensas: Silvia, Marta Montes e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Daniela, Cuquejo, Lidia, Ester, Candela Bouzas, Cloe
Dianteiras: Nerea, Sara, Claudia Pérez e Claudia Castro.

Valladares
O rival do infantil atópase na 6ª praza na clasificación con dous triunfos, tres empates e cinco derrotas. As de Ana Iglesias buscarán reverter recibir moitos goles xa que son o cuarto equipo mais goleado da liga (34). No encontro celebrado no Monte da Aira na primeira volta, as viguesas perderon por un contundente nove a cero.

Check Also

O Infantil gaña ao Louro no Municipal de Oira

O noso equipo fíxose co triunfo grazas aos tantos de Sara, Cayetana e Mihret (2). …

Skip to content