Tras lograr tres vitorias consecutivas, a Infantil busca vencer en casa do campión.
Tempos máis tranquilos para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil a piques de finalizar a tempada. Restan dúas xornadas para dar carpetazo á Fase Título da liga Galega Infantil. Antes, toca aproveitar a inercia positiva do equipo gozando agora da mellor serie de resultados da 2.ª fase. Tras empatar un choques e gañar tres, as de Quique e Castro visitan este sábado 13 de maio ás 11.00 horas ao Mos (xornada 9).
O cadro pontevedrés chega como campión matemático con 24 puntos (catorce mais que o noso equipo). Mos tentará festexar ese título antes o seu público, xa que o lograron a pasade xornada grazas á vitoria das nosas fronte a Pastoriza. Por eso, o conxunto amarelo exporá un partido moi serio este sábado nas Baloutas. Será o terceiro partido entre ambos os equipos este curso, ao quedar encadrados no mesmo subgrupo na primeira fase do campionato.
O encontro da ida entre azuis e amarelas disputouse no Municipal de Oira nunha das actuacións máis grises das de Quique e Castro. Entón, un dobrete de Esther Aldigueri na primeira media hora de partido e outro de Leire ao cumprirse a hora de xogo, serviu para que o triunfo fósese para Mos. O Infantil quere prolongar o seu momento doce e as boas sensacións para terminar nas mellores condicións e pechar a tempada sen levar máis problemas dos necesarios. Na pasada xornada, dous tantos de Sara, un de bela factura, e outro de Sofía serviron para sumar tres puntos ante Arousana e empatar a puntos con Pastoriza no segundo posto.
Esta é a convocatoria de 16 xogadoras que viaxan a Mos:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Aline, Ainara, Ainhoa e Candela Losada.
Centrocampistas: Andrea, Sabela, Lucía Carral, Victoria, Esmeralda e Lea.
Dianteiras: África, Sara, Sofía, Xiana e Virginia.