A EFF Rosalía, convidada en ‘Tribuna Vip’

Unha representación do club estivo no estudio de Telemiño convidada por Luís Martín ao seu programa deportivo ‘Tribuna Vip’.

Nova entrega, como cada xoves, de ‘Tribuna Vip’. Nesta ocasión a gran protagonista foi a Escola de Fútbol Feminina Rosalía, que repasou o que foi ata o momento o curso deportivo co noso director deportivo, Alberto Tamallo e as xogadoras dos equipos senior, cadete, infantil e promesas, , Sanmiguel, Ainara e Cayetana. Tod@s el@s estiveron acompañados do vicepresidente ‘Yuse‘ Vázquez, que se mantivo nun segundo plano durante o programa.

De feito foi a primeira visita ao programa do noso club, que foi convidado polo director do mesmo, Luís Martín. Tanto noso director deportivo, como xogadoras, contaron aos telespectadores ourensáns a filosofía de formación do club pontino e as sensacións que deixou unha tempada deportiva que está na recta final. , representante do equipo senior lanzou un desexo “conseguir o ascenso nun playoffs que comeza en quince días”. Pola súa banda, Alberto Tamallo destacou o labor do noso presidente, Mario Gómez e o seu traballo incasable e falou do “Casemiro ou Busquets dun Madrid ou un Barcelona, polo seu labor importante pero escura de Yuse“. Pola súa banda, Cayetana falou do seu futuro no equipo infantil, mostrándose moi ilusionada e Sanmiguel e Ainara do seu rol nos seus respectivos equipos.

Prolegómenos coas nosas xogadoras preparándose antes da grabación.

O programa, como sempre, poderase ver en redifusión hoxe venres ás 19:00h e mañá sábado en diferentes franxas horarias ou en streaming na seguinte dirección https://youtu.be/uydvr_aiwni . Lembrar que a Escola de Fútbol Feminina Rosalía aparece na segunda parte do programa, despois da pausa publicitaria.

Check Also

Convivencia de fútbol San Cibrao das Viñas

Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol …

Skip to content