O subcampión pecha a Liga no Municipal de Oira

As de Tobaruela reciben á Cañiza no último partido da competición regular (13.00 h, Youtube RosalíaTv).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía despídese mañá da liga fronte á Cañiza no Municipal de Oira (13.00 h, Youtube) no denominado ‘Derbi dá A-52’. O subcampión tentará pechar a competición regular cun triunfo fronte á súa afección antes de encarar a Fase de Ascenso do domingo 21 contra un rival aínda por decidir.

“Foi unha boa tempada a nivel de resultados, pero tamén a nivel de traballo e sobre todo de evolución das xogadoras”, dixo Tobaruela na rolda de prensa previa ao partido. O técnico catalán convocou a estas xogadoras para manter o ritmo competitivo e pechar da mellor maneira un gran campionato no Municipal de Oira, onde asinou 10 vitorias e só un empate.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío y Karla.
Defensas: Lú, Laura, Sabela, Noa e Sampayo.
Centrocampistas: Aldarita, Ester, Candela, Bonjoch e Aroa.
Dianteiras: Zaira, Chao, Vicky e Noui.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía superou o centenar de goles en Liga, unha cifra á que contribuíu decisivamente Vicky. A dianteira é a pichichi do senior con 23 tantos. Mentres que no apartado defensivo, o noso equipo é o menos goleado en casa, con dous tantos en contra nos 11 encontros disputados. En ambos apartados, o equipo buscará poñer o broche de ouro ante o público presente.

Cañiza
As cañicenses visitan o Municipal de Oira tras realizar unha tempada irregular e actualmente son décimas. Cañiza presenta un balance de 8 vitorias, un empate e 14 derrotas. Ademais, chegan tras perder tres dos seus últimos cinco compromisos ligueiros contra Pontellas, Unión Guardesa e Lóstrego ‘B’. Emma López (13 goles) e Natalia (9) son dous das súas principais bazas en ataque.

Por parte da directiva do club, infórmase que todos os asistentes serán agasallados cun anaco de empanada, gracias á colaboración de Panadería Vista Hermosa.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content