Arrinca unha nova tempada histórica: a Escola de Fútbol Feminino Rosalía debuta na Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP, e queremos que formes parte desta aventura desde o primeiro momento.
Nós non somos nada sen a nosa afección. Por iso, máis que nunca, convidámoste a unirte á comunidade de simpatizantes da EFF Rosalía e vivir de forma única a emoción desta estrea.
Que significa ser Simpatizante da EFF Rosalía?
- Carné dixital de simpatizante, exclusivo para esta tempada.
- Acceso preferente a partidos e actividades (charlas, adestramentos abertos, eventos).
- Descontos especiais durante a tempada.
- Participación exclusiva en sorteos mensuais.
- E moitas outras vantaxes pensadas para ti, porque a túa paixón impulsa o noso crecemento.
Porque na EFF Rosalía, cada tempada constrúese co alento de quen nos acompaña.
E este ano, a gran fichaxe es ti sendo partícipe de que decenas de xogadoras da túa cidade poidan disfrutar e formarse a través do fútbol nas mellores condicións posibles.
Mergúllate nesta tempada connosco e convértete en simpatizante!
https://app.cluber.es/legacy/clubes/682ca7f0c83d2070389306/pagos/6834a17b71968867552102




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino