A falta de intensidade e acerto condenan á derrota ao senior ante o Santo Mateo que gañou pola mínima (2-1).
Non puido ser. O esforzo fóra de casa non obtivo os seus froitos e iso que o equipo pontino chegou máis veces a portería rival. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía gozou de ocasións para polo menos sumar un punto na súa visita ao Oural.
Zaira adiantou ás azuis nada máis superar o cuarto de hora nunha xogada individual. Vantaxe que tan só durou dous minutos, ao empatar as locais por medio de María Estévez, que aproveitou un erro de falta de entendemento entre Laura e Noa para enviar o balón ao fondo da rede (1-1, minuto 18). Ante un rival sólido, mellor plantado no campo e con maior intensidade, as pontinas non atoparon a frescura e claridade para volver adiantarse. A catro minutos do final, Carolina engancha un dereitazo desde fóra da área que deixa os tres puntos no marcador das locais.
Alberto Tamayo mostrábase moi claro ao finalizar o mesmo: “Foi un partido moi malo pola nosa banda, sobre todo na capacidade de traballo, algo que si mostraron as nosas rivais”.