O noso equipo tentará manter o seu pleno de partidos en casa esta tempada sen coñecer a derrota cun novo triunfo que lle permita avanzar (19.00 h, Youtube).
Despois de perder ante o San Mateo o pasado sábado, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta a novena xornada de Liga coa intención de votar a senda da vitoria (19.00 h, Youtube). As de Alberto Tamayo reciben ao Victoria FC ‘C’ co obxectivo de prolongar o seu pleno de partidos invictas no municipal de Oira tras as vitoria obtidas contra o Cacheiras, Arenteiro e Touro e o empate fronte a Chantada, buscando un novo triunfo que lles permita avanzar nas suas aspiracións dentro da táboa clasificatoria e tamén nos seus obxectivos a nivel colectivo.
As pontinas están a mostrarse moi sólidas na liga en ambos os lados do campo en casa. Só encaixaron dous tantos e marcaron 12 en catro partidos. Zaira, autora do gol ante o San Mateo a pasada xornada, suma 1 diana. Igual que a barbadesa, están cun tanto Sampayo, Candela, Laura, Feijóo e Bonjoch. Sendo as máximas artilleiras no ‘verde’ de Oira, Noui con dous tantos e Vicky con tres. As dúas xogadoras están na convocatoria de Tamayo para este encontro.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Matilde, Laura, Sabela, Aitana e Feijóo.
Centrocampistas: Xiana, Aldarita, Bonjoch, Candela, Antía e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.
O rival
O terceiro equipo do Victoria FC arrinca a xornada en décimo cuarta posición cun balance dun triunfo e seis derrotas. O conxunto santiagués tentará volver á senda da vitoria tras perder por 1-3 ante o Pontellas o pasado domingo.
Así, o partido correspondente á novena xornada da liga dará comezo ás 19.00 horas deste domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado Manuel Jiménez Domínguez. O partido poderá seguirse en directo a través de Rosalía TV desde a plaforma de Youtube da EFF Rosalía.