O senior busca o pleno na semana

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía visita esta tarde a San Mateo no campo e fútbol de Oural no encontro correspondente á oitava xornada da liga (19.00 h; Salvaterra do Miño).

Tras a vitoria en casa na xornada entre semana, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía regresa á Liga e faio cunha esixente proba no Oural ante San Mateo (19.00 h; Salvaterra do Miño) no terceiro partido en sete días. O noso equipo reedita un encontro contra un dos rivais aos que máis lla enfrontado nos seus cinco anos e existencia e chega a esta cita coa mente posta en sumar os tres puntos e facer pleno de vitorias nos tres partidos da semana.

As de Tamayo queren dar continuidade ao pleno de triunfos esta semana: InterRías ‘B’ en Vilalonga e Touro o pasado mércores no Municipal de Oira. Lonxe do noso campo está a destacar Noui, que marcou en todas as xornadas que disputou lonxe de A Ponte este curso. Tamén sobresae Vicky, con 4 goles nos seus primeiros 7 partidos. Ambas as forman parte da convocatoria.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Matilde, Laura, Sabela, Miriam, Sampayo e Fifi.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Candela, Aroa e Cloe.
Dianteiras: Clau, Vicky, Zaira e Noui.

San Mateo
As de Roberto Vázquez arrincan a xornada na décima posición cun balance dun triunfo, dosn empates e tres derrotas. En casa non son tan sólidas como en anteriores campañas e nos seus últimos partidos en Oural contra o Calo (1-1) e Cacheiras (4-4) cultivaron senllos empates. Os últimos antecedentes son positivos para o noso equipo, que encadea 5 encontros sen perder contra as pontareáns.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content