As xogadoras da EFF Rosalía senior comenzan a segunda pretempada da campaña 2020/21

As xogadoras de Miguel Saa están citadas mañá para continuar a pretempada interrumpida polas medidas para combatir o Covid19.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía xa está en marcha novamente. As integrantes do equipo sénior serán as últimas en poñerse as botas para comezar unha nova pretempada, interrompida o pasado 26 de setembro polas novas normas de prevención do goberno autonómico para a cidade de Ourense, motivo polo cal a directiva decidiu poñer fin aos adestramentos ao non poder desenvolverse lestes do xeito máis a adecuada.

Despois de 66 días as senior voltarán ao Monte da Aira.

Miguel Saa e Jonny Otero iniciarán deste xeito unha segunda parte de pretemporada, sen coñecer data de inicio da competición, con 18 xogadoras á súa disposición, xa que María Feijóo segue sen a alta deportiva para poder exercitarse co resto do equipo. No primeiro mes de adestramentos, alá polo mes de setembro, contou habitualmente coa participación das infantís Xiana “Cuque”, Laura Añón, Sara Rodríguez e Ester Méndez, pero unha vez iniciados esta tarde os adestramentos da EFF Rosalía Infantil, non saberemos cales serán as intencións do corpo técnico con respecto á continuidade das xogadoras do filial na dinámica do primeiro equipo.

Jonny Otero terá que programar unha nova pretempada sen data de final.

O adestrador ourensán resaltou que “xa tiñamos moitas ganas de volver traballar coas mozas” pero despois de tanto tempo dende o derradeiro adestramento “realmente é un volver empezar, pero con moitos matices, xa que o feito de coñecer ao grupo e que elas nos coñezan a nós tamén é importante para todos”.

En canto a canto durará esta nova normalidade e o comezo da competición, Saa declarou a nosa web que “Algo de incerteza seguirá habendo sobre si empezaremos ou non, pero non debemos pensar neso e ir día a día”

Os horarios de adestramento serán:
· Martes ás 19:30 horas.
· Venres ás 21:00 horas.

Destacar que os martes, no Monte da Aira haberá adestramento de porteiras a partir das 18:00 horas, no que están citadas as de todos os equipos da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content