Bo papel das representantes da EFF Rosalía no I concurso de lanzamento de faltas de +Deporte-La Región

Rocío, Zaira e Yadira participaron na final disputada no Estadio de O Couto o pasado venres.

As tres representantes da EFF Rosalía antes do comezo do concurso.

Tres foron as representantes por parte da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía na final da primeira edición do Concurso de lanzamento de faltas +Deporte La Región, disputada nun marco excepcional para tal evento, o Campo de O Couto.
Rocío, Yadira e Zaira foron as clasificadas logo da fase preliminar disputada a semana anterior no Monte da Aira de Velle.

Os demáis participantes da final foron:
· Ourense CF: Borja Novoa e Adrián Rodríguez (porteiro).
· Pabellón CF: Anxo Pena, Mal Conde e Bruno Rielo (porteiro).
· UD Ourense A: José Otero.
· UD Ourense B: Ignacio Branco.
· Velle CF: José Pedrayo e Hugo Tena
*Mario Fariña do Ourense CF non puido participar por lesión.

Yadira foi a primeira en lanzar e gañadora feminina.

A final comezou cos lanzamentos de Yadira a Rocío, a continuación chegou a quenda para os mozos, onde José Pedrayo do Velle tivo que abandonar por lesión no segundo disparo. A vitoria foi para Carlos Rguez. da UD Ourense “A”, grazas ao seu gol a 25m de distancia. Por parte dos porteiros, Bruno Rielo destacou polas súas paradas e foi o claro vencedor por diante do representante do Ourense CF. Zaira foi a penúltima en lanzar unha quenda de 3:20 minutos para os dez lanzamentos desde 18, 21, 25 e 30 metros.

Carlos Rguez. a punto de tirar ante a mirada das representantes da EFF Rosalía.
Bruno Rielo, gañador no apartado dos porteiros.

En canto ao duelo entre a “Francotiradora” do Rosalía e Yadira, foi o máis axustado da competición. Logo de 10 lanzamentos e empate entre as dúas, a vitoria decidiuse polo gol de Yadira no segundo intento a 18m. Rocío non tivo rival pero deixou varias estiradas para a retina.

Rocío tivo que emplearse a fondo durante toda a final.

Quedan gravados para a historia da competición os nomes d@s ganador@s desta primeira edición, que recolleron o seu correspondente trofeo e un estuche de produtos de Coren.

Yadira e Rocio cos trofeos e agasallo de Coren como gañadoras.

Na nosa sección de fotografías atoparedes unha galería de fotos da final.

Check Also

O Campus de fútbol regresa do 24 ao 28 de xuño

O Campo de fútbol de Soutopenedo acollerá as sesións técnico-tácticas e o plazo de inscripción …

Ir o contido