Benvida…

Meu nome é Ainara , teño 15 anos e dende moi pequena nos meus ratos de ocio sempre tiña unha pelota nos pes, na miña casa sempre me recordan o feliz que me facían cando me agasallaban cunha pelota, así crecín ata chegar á Escola Deportiva Barbadas onde entrenei tres tempadas e aprendín grandes valores como a amizade, compromiso , traballo en equipo etc… paseime ó futbol sala unha tempada e dinme conta que o que realmente me gustaba era xogar en campo de herba…  deixei o fútbol  durante un tempo, deixeino so “oficialmente” porque nos meus ratos libres sempre voltaba ó balón.

Agora dou comezo a esta nova etapa feliz de poder entrenar e xogar ao que máis me gusta e agradecida de que haxa un club que pense e aposte de que as chicas tamén somos felices cunha pelota nos pés.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido