“Intentaremos realizar os máximos esforzos para acadar un resultado positivo alí”, añadiu o segundo adestrador da EFF Rosalía
Juanma Bello compareceu na sala de prensa da EFF Rosalía o día previo ao partido contra o Bueu. O técnico azul analizou o encontro da 20ª xornada de Liga, que se xogará no Nuevo Municipal de Bueu (domingo, 16:00 h): “A verdade é que é un rival moi complicado, está loitando polo playoff con Pereiró e Chispa, leva 11 vitorias seguidas entón acadar un resultado positivo é bastante difícil pero fixándonos un pouco no resultado da primeira volta, un 4-2, intentaremos realizar os máximos esforzos para acadar un resultado positivo alí”
“O Bueu empezou un pouquiño con resultados bastante dispares, mentres nós levábamos unha racha bastante boa pero baixamos algo o pistón en canto resultados e elas perderon contra Pereiró e nós pero logo conseguiron 11 vitorias seguidas e iso fixo que na clasificación se reflexa que están moi arriba”
Empate con Gondomar
“Hai que aproveitar ese empate, ese despiste que tiveron para intentar romperlles a racha que teñen de partidos invictos. Imos intentar apertalas dende inicio para intentar sacar un resultado positivo como conseguiu o Gondomar na súa casa”
Elena e Lara
“Tanto Elena como Lara, con 28 e 27 goles respectivamente, levan mais goles elas que nós todas xuntas. Será difícil de paralas en cuanto ataque pero en defensa reciben os mesmos goles ca nós, entón imos a aproveitar ese pequeno despiste que teñen en defensa”.
Tempada ata de agora
“Agora mesmos estamos nunha racha bastante boa de adestramentos e resultados, de momento. Un dos obxectivos era quedar no quinto posto pero bueno, non nos marcamos un teito pero si que un dos obxectivos era esa mentres que outros dos que tíñamos marcados dende comezo da tempada, que era acadar os mesmos puntos co ano pasado, xa está cumprido”.
Resolución partido fronte o Cambados
“Non foi de moito agrado de ningún de nós, nin das rapazas, que algunhas se tiveron que desprazar ata Ourense e madrugar para poder xogar un partido que ao final non se disputou. Todo o que sexa xogar para estas nenas é moi importante porque avanzan moitísimo no campo, xogando. Nos adestramentos podes avanzar pero nos partidos é onde se ven os fallos. A verdade é que amolounos un pouquiño non xogar pero ao final son 3 puntos e nos manteñen loitando un pouco nos postos de arriba”.
Lesións en defensa
“A verdade é que temos unha xeira de lesionadas que parece que nos viu unha bruxa ou quen sabe. Imos intentando ir recuperando a cada xogadora e intentando cubrir os postos con outras xogadoras de outras posicións. Andrea comezará en breve a adestrar para intentar recuperarse canto antes. Cae non xogou a pasada semana pero logo mancouse nun partido entre amigas que a privou de poder adestrar estes días”.
Claves o domingo
“Pola nosa parte non queremos que sexa un partido de goles porque non nos conviría porque elas marcan moitos goles en ataque. Entón imos intentar manter a portería o máximo posible a cero e logo intentar aproveitar todas as ocasións que teñamos porque é verdade que nos costa un pouquiño resolver todas as oportunidades que temos en ataque, pero se as marcamos todas si sacaremos un resultado positivo, senón vai ser moi complicado”.