Caldas-Rosalía: a pola primeira vitoria

O ‘filial’ afronta a domicilio a terceira xornada da Liga Galega Cadete Feminina (18:00 h, sábado).

Novo compromiso de Liga para a EFF Rosalía Cadete, que se mide fora de casa ao Caldas CF na terceira xornada da Liga Galega Cadete (18:00 h, As Corticeiras). O obxectivo do ‘filial’ pasa por sumar o seu primeiro triunfo tras non levarse os tres primeiros puntos na competición nas dúas xornadas xa disputadas.

Nos dous partidos disputados demostrou o bo momento polo que pasa o conxunto de Sobrino no apartado ofensivo pero sen conseguir acertar nas ocasións xeradas. As azuis asinaron nas dúas primeiras xornadas de Liga un tanto, o logrado por Ester, máxima goleadora do Cadete. Esta é a convocatoria do técnico para este partido, para o cal recupera a Valeria da sua lesión:

Convocatoria Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete:
Portera: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Matilde, Laura Añón, Silvia, Aroa e Sara Bonjoch.
Centrocampistas: Sara Rodríguez, Cuquejo, Noa González, Candela Bouzas, Ester e Lucía Caride.
Dianteiras: Nerea e Lucía Nogueiras.

Valeria volta a unha convocatoria despois da lesión no brazo.

Caldas CF
O rival de mañá atópase na sexta posición logo de sumar tres puntos nos dous primeiros encontros da Liga Galega Cadete. No seu campo, o equipo caldense logrou a vitoria no último duelo contra o San Mateo (7-1).

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content