Mentres o Promesas ‘A’ descansa, o equipo dirixido por Javier Alonso recibe ao Valladares en O Seixo (Arrabaldo).
Terceira xornada de competición para os dous integrantes da Liga Galega Promesas Feminina. Mentres o equipo ‘A’ terá xornada de descanso, o equipo dirixido por Javier Alonso recibe ao Valladares en O Seixo (11:00h; domingo). As mais pequenas estrearán campo como local en Santa Cruz de Arrabaldo ante o cuarto clasificado da táboa. Un Valladares que a seguro virá con ganas de resarcirse da derrota cosechada a semana pasada fronte ao Mos.
As benxamines do club intentarán seguir a súa formación e, por que non, ampliar o casillero de vitorias, que estrearon a pasada xornada fronte ao Caldas. Malia ser un equipo con moitas novidades, a adaptación das xogadoras ao que os seus técnicos pídenlle está sendo moi boa e aos poucos estase demostrando á hora de competir.
Ambos equipos están empatados a puntos e seguro poderase ver un gran partido entre os dous conxuntos.



