Chispa-Rosalía: Duelo esixente no Monte Redondo

As azuis, que gañaron a semana pasada, enfrentanse a un rival que non coñece a derrota na casa (domingo, 12:00h, Monte Redondo).

A EFF Rosalía visita Vilanova de Arousa por primeira en partido oficial do equipo senior e faino contra o rival máis compricado do Grupo IV da 2ª división Feminina Galega. As azuis encaran a terceira xornada da segunda volta de competición nun estadio inédito (12:00 h, domingo, Monte Redondo).

No cespede mediránse dous equipos que gustan do fútbol de toque e a batalla por facerse co control do centro do campo antóllase primordial para sacar algo positivo do partido. Para preparar o encontro, o técnico contou cunha semana completa de adestramentos nos que tivo moitas baixas por procesos gripais e molestias físicas, unha dor de cabeza para Juanma e Canal á hora de facer a convocatoria para un enfrontamento que medirá a mellora das azuis ao longo da primeira volta.

“A defensa, máis que nunca, ten un reto ante si. Lucía e Vera levan 50 goles en 16 partidos”, explicou o técnico na rolda de prensa previa a un partido para o que convocou a 16 futbolistas.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Andrea, Isis, Feijóo, Noa Domínguez.
Centrocampistas: Alba, Lidia, Aldarita, Sabela, Ainara, Yadira y Patricia.
Dianteiras: Zaira, Isabel, Aitana y Silvia.

O Rival
Chispa é o líder destacado do Grupo IV, invicto na Pena Redonda, onde conta todos os partidos por victoria. Ata a xornada 18 conta cun balance de 15 victorias e unha derrota sendo o equipo máximo realizador con 94 goles (5,5 por partido) e o segundo menos goleado con 12 (0,7 g/p). Na casa da medo, gaña os partidos por unha media de 7 goles a favor e tan só encaixou 4 goles en 8 partidos, contra Balaidos no derradeiro partido na casa e Noalla.

Precedentes
Segunda ocasión na que se enfronten a Chispa e EFF Rosalía, na primeira volta a victoria foi para as vilanovesas por 0-3.

Resto da xornada
No resto da xornada o partido máis destacado esta xornada é claramente o que se disputará no Nuevo Municipal de Bueu entre o equipo local e o Balaidos, terceiro e cuarto clasificados respectivamente. Pereiró tamén terá unha visita a un campo tamén complicado, o Cruceiro de San Mateo, pola parte baixa, compromisos, a priori, desiguais para Ponte Caldelas, Mosteiro, Marín e Juventud de Cambados.

Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 SD Chispa – EFF Rosalía
16:00 SPC San Mateo – EDVM Pereiró CF
17:00 CD Mosteiro – SD Puentearnelas
17:00 Umia CF “B” – Marin CF
17:00 Juventud de Cambados – Gondomar FB
18:30 CD Bueu – Balaidos CF
Descansa Racing de Vilariño

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido