Canal atendeu aos medios de comunicación tras o último adestramento previo ao partido contra o Chispa (domingo, 12:00 h, Monte Redondo). O técnico analizou en sala de prensa o duelo contra o líder: “O partido afrontámolo como todos, dá igual o primeiro ou último clasificado”.
“Temos unha forma de xogar que é tentar ter o balón, xogalo e presionar a saída do rival. Sempre tentamos xogar ao mesmo salga ou non. Ter unha identidade ou modelo de xogo. Sempre saímos a gañar sexa o equipo que sexa tentando ser valentes e arriscando a maioría das veces e loitando ata o final”.
Rival moi goleador
“A defensa, máis que nunca, ten un reto ante si. Lucía e Vera levan 50 goles en 16 partidos. Estamos a traballar principios defensivos e leva tempo a pesar que vin unha melloría grande. Tentaremos que nos fagan o mínimo dano arriba”.
Estado anímico do grupo
“Animicamente as xogadoras están ben, pero somos conscientes da complexidade do partido do domingo pero non imos regalar nada a ninguén. As que nos gañan é porque son mellores e hai que aceptalo e cando gañamos o mesmo. Saímos sempre a dar guerra e loitar. O domingo competiremos o mellor que podamos”.
Baixas
“Temos varias xogadoras con problemas pero tentaremos suplilas o mellor posible. Alba, Patricia, Ainara están enfermas pero viaxarán igual esperando sua evolución. Andrea recuperouse do proceso gripal e veremos como están as demais, xa que vairas xogadoras están con molestias”.