COMEZA O NOSO INFANTIL A COMPETICIÓN VISITANDO AS BALOUTAS

Chegou o día, noso equipo infantil, a nova aposta do noso clube na nova competición da Federación Galega de Fútbol, categoría que para nós era importantísima crear por varios motivos, pero o principal era que o equipo alevín que o ano pasado perdeu a final a penaltis da Liga Promesas tiña que ter unha continuidade formativa e ca creación desta liga creemos que así vai a ser.

Sete xogadoras alevíns dunha plantilla de 19 xogadoras formarán a nosa escuadra infantil na primeira tempada de existencia do clube.

Parte da plantilla da EFF Rosalía infantil nun adestramento.

A primeira parada será o sintético de As Baloutas, na matinal do domingo (10:30h), para enfrontarnos á UD Mos. Non será sinxelo xa que as nosas pequenas tiveron na pretempada o mesmo handicap das nosas senior, a imposibilidade de xogar amistosos pola distancia cos demáis equipos femininos e a negativa de éstos a desprazarse a Ourense ou arredores, xogando tan só contra o noso equipo senior un amigable xa fai días, polo que os nervios iniciais seguro serán un problema. Unha vez se solten estamos seguros que o equipo dirixido por Alba Rodríguez, coa colaboración de Álex Fernández (xogador do CD Seixalvo), esta tempada ofreceranos moitos momentos de moi bo fútbol.

A  primeira convocatoria da EFF Rosalía infantil está formada por:

Porteira: Valeria
Defensas: Lucía Pérez, Laura Añón, Silvia e Marta Montes.
Centrocampistas: Cuquejo, Nair, Daniela, Candela Bouzas, Ester, Lidia e Cloe.
Dianteiras: Sara, Nerea, Claudia Pérez e Claudia Rodríguez

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content