Segunda xornada de competición e toca desprazarse na matinal do sábado aos dous equipos promesas a terras da Comarca de O Salnés.
As primeiras en comezar serán as nosas peques da EFF Rosalía Promesas “B” de Feijóo e Cae Vizcaya. Non o terán nada fácil na súa visita ao Manuel Jiménez de Vilagarcía de Arousa (11:00h) para enfrontarse ao Atlético Arousana “A”, equipo con moita máis experiencia cas nosas que xa formou parte da competición a tempada pasada.
As nosas peques teñen que viaxar co obxectivo claro de seguir aprendendo e medrando futbolísticamente, esquecéndose polo momento de querer conseguir resultados. Estamos seguros que ca axuda das suas adestradoras Feijoó e Cae e co seu traballo e dedicación a súa progresión vai ser moito máis rápida do esperado.
O Promesas “A” de Juanma Bello, despois de deixar as peques en Vilagarcía (viaxan no mesmo bus) desprázase a Meis para visitar ao CD Mosteiro, unha das escuadras de recente creación. O Promesas “A” despois da sufrida victoria pola mínima fronte ao Atlético Arousana “B” tentará sumar unha victoria fora da casa recuperando a un par de xogadoras ausentes no primeiro partido.
O noso promesas “A” desta tempada sabe o que é progresar a base de traballo e formación, xa que todas as xogadoras exceptuando a tres foron novas incorporacións da tempada pasada e con un gran traballo do seu mister e unha gran dedicación pola súa parte, este ano son a primeira escuadra do noso clube nesta competición.
Sorte e diversión para os nosos dous equipos na matinal do sábado!!