“Puxemos un obxetivo de facer nos dous primeiros meses 12 puntos, levamos 13 e ainda quedan dous partidos”, dixo o técnico.

 

Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira na previa do partido fronte o Mosteiro. O técnico do equipo senior analizou a séptima xornada de liga, que se xogará no Monte da Aira (domingo, 12:00h): “Xogamos o domingo contra o Mosteiro e se facemos un bo xogo non creo que perdamos o partido, a priori, teríamos que xogar moi mal para perder este partido porque é un equipo inferior a nós, en principio. Ainda que sempre se poden compricar os partidos pero deberíamos gañar e conseguir os tres puntos”

 Alba Rodríguez
“Alba para nós é moi importante porque é a extenxión do adestrador no campo é Alba. É unha xogadora que tamén é adestradora, ten a experiencia de xogar moitos anos en fútbol, estivo no Barbadás, na Unión Deportiva TERIAMOSOurense feminina e para nós é moi importante porque é a que move o xogo, a que inicia o xogo dende atrás e a que move todo o equipo. Ao non estar Alba é unha baixa moi importante para nós.

Reto cumprido nas primeiras xornadas
“Si, nós puxemos un reto, bueno non me gusta poner moito esas cousas, pero puxemos un obxetivo de facer nos dous primeiros meses 12 puntos, que considerábamos que poderíamos facelos. Levamos 13 e ainda quedan dous partidos máis  nos que podemos conseguir máis puntos pero o opbxetivo era ese en canto a puntos. En canto ao obxetivo do equipo é o que digo, temos que mellorar e intentar facer bo xogo, un equipo que ten intensidade e traballo pero agora o que temos que consefuir é que o equipo vaia xogando ben os partidos. O luns nos reunimos co equipo outra vez e fixemos un novo obxetivo de puntos ata nadal, sería quedar entre os cinco primeiros, eu creo que podemos conseguilo, pero en canto o obxetivo do grupo ten que ser mellorar na faceta do xogo, que o equipo vaia progresando nos partidos.

Nova oportunidade para probar cousas
“Este partido temos que aproveitalo para probar cousas, sistemas, xogadoras que están xogando menos teñan máis minutos e haber si seguimos probando cousas para os partidos que veñen e ter así outras dinámicas que poderamos utilizar. Esperemos que non haia lesionadas, darlle minutos as xogadoras que menos tiveron e facer cousas que nos axuden a mellorar como equipo”.

Partido benéfico
“Eu creo que todas as iniciativas que  se fan no deporte e para axudar, neste caso para o cancro de mama, son positivas. Todo o que poidamos facer no clube e tamén nos demáis, incluidos outros deportes, que teñan que ver con estas cousas é bo. Tamén se podemos implicar a toda a sociedade ourensá para que na mañá do sábado vaian a Salesianos, ainda mellor. Este partido non é unha implicación soamente para as mulleres senon para toda a sociedade”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content