COMEZOU A LIGA PROMESAS CA ILUSIÓN POR BANDEIRA

Segunda edición da Liga Galega Promesas e outro ano máis e para sorpresa de tódolos que formamos o noso clube logramos competir con dous equipos.

Este ano a creación da Liga Galega infantil, unido ao bo nivel que demostraron as nosas promesas a tempada anterior, fíxonos ter que subir a sete xogadoras en idade alevín á plantilla infantil. Eso facía que o Promesas “B” da tempada anterior pasara en bloque a ser o Promesas “A” e que se nos complicara moito o de formar un promesas B. Sorprendentemente as solicitudes non paraban de chegar e conseguimos 14 novas Rosalías no clube, sin experiencia pero con moitísima ilusión por adestrar e aprender, que serán as que formen parte da plantilla do noso Promesas “B”.

 

Este sábado pasado comezou a competición cun dobre enfrontamento cas nosas amigas do Atlético Arousana no Monte da Aira de Velle. Cara e cruz nos resultados, mentres a EFF Rosalía Promesas “A” de Juanma Bello era quen de sobrepoñerse as baixas das súas dianteiras e gañar un disputadísimo partido que Ben llegó custou un boa dor de cabeza ao noso adestrador.

Promesas “A” 2019/20.

Pola sua parte, a EFF Rosalía Promesas “B” pecaba de inexperiencia e caía goleado fronte as amigas dun Atlético Arousana “B” que demostrou maior experiencia futbolística pero non máis ilusión.

Promesas “B” 2019/20 de María Feijóo e Cae Vizcaya.

Espéranos unha tempada apaixoante con moito que mellorar e moita experiencia que coller na competición. Os resultados non son o que nos teñen que guiar neste camiño, senon a progresión de todas e cada unha das nosas nenas para que cando cheguen á idade de pasar a formar parte do equipo infantil teñan a madurez futbolística suficiente para dar o paso con total naturalidade e ilusión.

Lembrar que na nosa sección Fotografías atoparedes a galería fotográfica correspondente.

 

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content