VICTORIA DA EFF ROSALÍA NA LAMA QUE NOS COLOCA CUARTAS NA CLASIFICACIÓN

ZAIRA, LIDIA, NOUI E SABELA, AS GOLEADORAS.

Partido completo das nosas senior no Campo de A Lama que sirviu para conseguir a terceira victoria consecutiva e escalar posicións ata o cuarto posto da clasificación.

O comezo foi arrolador para as xogadoras de Iván Canal, adiántandose aos 4 minutos por medio de Noui. A xogada empezou trás un cambio de banda de Sabela que deixa o balón á interior que encara a sua par e fai o 1-0. Só dous minutos despois e ante o nervosismo do equipo local Sabela fai o segundo no minuto 6 (0-2).

As locais non tiveron opcións para a reacción, o bo xogo e a seriedade defensiva das ourensáns fixeron que a primeira parte fose un monólogo de pases e xogadas en campo do equipo pontevedrés. Desta maneira (m.17) chegaria o 3-0 obra de Zaira, primeiro no partido para a killer da área. O cuarto tería como protagonista novamente a Noui, que tralo gol deixaría o campo por Lidia.

Na segunda parte Ivan Canal aproveitou para facer moitos cambios no equipo, debutaron Marta e Lucía Vázquez acompañando a Ainara e Fírvida no medio.

Seguiu o monólogo
A pesar dos numerosos cambios o equipo non acusou as novidades, as locais melloraron un pouco no xogo, sin ocasions claras, pero as nosas souberon mover o balón con paciencia e chegaron outros 4 goles, Zaira (m.55) de bolea tras un rexeite, Lidia (m.59) faría o primeiro da sua conta tras un fallo no despexe de Paula, porteira do Pontecaldelas. Zaira, 6 minutos máis tarde, faría o seu hat trick particular e Lidia, novamente, no 80 pechaba un abultado marcador na visita a Lama.

Bo partido das nosas ante unha S.C.D. Pontecaldelas que non foi rival para as nosas senior, equipo case novo ao completo e con moitas incorporacións, dende a EFF Rosalía sabemos o que é iso e desexámoslles as mellores das sortes e moito animo co que queda de liga.

Estadísticas do partido.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content